<![CDATA[Conectando_mundos : Actualidade]]> Conectando_mundos http://www.conectandomundos.org/rss/ <![CDATA[<p> <strong>Uns 17.000 participaron na VII edición de Conectando mundos</strong></p> ]]> http://www.conectandomundos.org/index.asp?id=3 Thu, 16 Aug 2007 10:55:36 GMT

Conectando mundos pecha esta VII edición co convencemento de ter traballado intensamente o tema das migracións e o desenvolvemento humano.

Nun momento de mudanzas e movemento no mundo da educación, Conectando mundos conseguiu durante 7 semanas que uns 17.000 alumnos e alumnas de distintos países participasen nunha actividade telemática e educativa.

Mediante a participación e o intercambio entre alumnos e alumnas de diferentes realidades culturais, económicas e sociais reflexionaron desde unha concepción de cidadanía global, co obxectivo de contribuír para a construción dunha sociedade respectuosa coas persoas de distintas procedencias.

Conectando mundos, grazas ao profesorado e aos alumnos y alumnas, converteuse máis unha vez nunha plataforma para aprender a tomar decisións de forma colectiva e a respectar as opinións alleas.

Como sempre, se necesitades contactar connosco estamos á vosa disposición en info@conectandomundos.org
;-)

]]>